O Foro de Igualdade detecta a urxente necesidade de impartir unha asignatura obrigatoria en materia de igualdade e contra a violencia de xénero

O colectivo Arelas formará parte, como invitado, deste foro, para estar actualizado en todo momento dos trámites en materia da primeira Lei Estatal que afecta ás persoas trans

No foro celebrado esta mañá comezouse a traballar na programación do vindeiro día 8 de marzo. Todas as persoas que teñen algunha proposta pódena facer chegar á Casa da Muller ou ben a este foro

Xoves, 14 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Foro de Igualdade detecta a urxente necesidade de impartir unha asignatura obrigatoria en materia de igualdade e contra a violencia de xénero

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, informou este xoves que o Foro de Participación Cidadá en materia de Igualdade, reunido este mañá no Salón de Plenos do Concello, detectou, a través dos obradoiros do programa de prevención de violencia de xénero que se leva a cabo dende a Casa da Muller en institutos da cidade, a urxente necesidade de impartir unha asignatura obrigatoria en materia de igualdade e contra a violencia de xénero. Tal e como deu a coñecer a edil, os datos deste programa estanse empezando a volcar pero xa detectan a necesidade de traballar pola igualdade entre os mozos e mozas.

A Concelleira tamén avanzou que o colectivo Arelas empezará a formar parte, como invitada, deste Foro de Igualdade, "xa que nos debemos congratular de que a lexislación en materia de persoas trans está dando os primeiros pasos, coa creación da primeira Lei Estatal deste colectivo. Nesta liña, o foro tamén acordou enviar á Secretaría Xeral para a Igualdade unha serie de preguntas interesándose polo programa Quérote e a súa adaptación a esta lei.

Na xuntanza deste xoves xa se comezou a traballar na programación de cara a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Por elo, Abelleira convidou a todas as persoas a facer propostas, ben a través da Casa da Muller, ou deste propio foro.

Lugo En Negro

Entre outras cuestións, neste foro tamén se deu conta da implicación da sociedade luguesa na campaña Lugo En Negro, para a que González Abelleira tivo palabras de agradecemento. En concreto, nesta campaña participaron 150 empresas luguesas, 20 clubes deportivos, 35 asociacións e 10 centros educativos, sen contar todos os veciños e veciñas que a nivel particular se quixeron sumar a esta campaña en repulsa da violencia de xénero, ademais da entidade local e a provincial.

Audio

  • Ana González Abelleira, sobre o Foro de Igualdade | Descargar mp3

Noticias relacionadas