O dispositivo integral de limpeza de barrios posto en marcha por Lara Méndez desprázase este xoves a Aceña de Olga

O plan, executado pola Área de Medio Ambiente, busca unificar os esforzos e os recursos municipais por contornas e mellorar así o acondicionamento da cidade.

Executaranse tarefas de roza de vías e predios municipais, varrido e baldeo de rúas e bordos, a limpeza de sumidoiros, así como de bancos e mobiliario urbano.

Mércores, 25 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O dispositivo integral de limpeza de barrios posto en marcha por Lara Méndez desprázase este xoves a Aceña de Olga

O dispositivo integral de limpeza de barrios posto en marcha pola alcaldesa Lara Méndez desprazarase mañá, xoves, a Aceña de Olga, logo de concluír as tarefas previstas no Castiñeiro, Casás, Abella, A Residencia, as Gándaras, o Sagrado Corazón e Galegos.

O obxectivo desta iniciativa, desenvolvida pola área de Medio Ambiente, é unificar os esforzos por contornas e mellorar, así, o acondicionamento da cidade, sen descoidar os labores ordinarios. Para iso, se está a actuar de forma integral en cada barrio cun amplo operativo integrado polas empresas encargadas da limpeza urbana, do mantemento das zonas verdes e de revisión dos parques infantís, contando co apoio das brigadas municipais.

Neste senso, o dispositivo executará labores de roza de vías e predios municipais, o varrido e baldeo de rúas e bordos, a limpeza dos sumidoiros e das illas de reciclaxe de lixo, así como dos bancos e resto do mobiliario urbano para mellorar a imaxe e a estética do barrio e o confort dos seus residentes.

Cómpre subliñar que dende o 2020, o Concello de Lugo leva tramitados un total de 341 expedientes por acumulación de maleza en predios particulares, instando aos seus propietarios a corrixir esta situación.

Tras rematar nesta contorna, os traballos continuarán en Fingoi, Augas Férreas, A Milagrosa, A Cheda, o centro da cidade, Fontiñas, Castelo – A Chanca, Barrio da Estación, Barrio Feijoo, Paradai, Frigsa, San Lázaro – A Ponte, A Louzaneta, Inmediacións do HULA e Montirón – San Fiz.

Noticias relacionadas