O Concello sortea seis entradas dobres para vivir a entrada da Volta Ciclista a España a pé de meta

A Alcaldesa anunciou a apertura do sorteo, que se realizará a través dunha publicación na páxina en Facebook de Cultura e Turismo de Lugo. Poderase participar ata luns ás 12:00 horas

Venres, 19 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello sortea seis entradas dobres para vivir a entrada da Volta Ciclista a España a pé de meta

“O Concello sortea seis entradas dobres para vivir a entrada da Volta Ciclista a España a pé de meta”. Así o anunciou este venres a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen deu a coñecer que o sorteo farase a través da páxina en Facebook de Cultura e Turismo de Lugo www.facebook.com/LugoTurismo, entre todas aquelas persoas que comenten a publicación do sorteo. Os participantes teñen que dicir os motivos polos que recomendan vir á cidade na Volta Ciclista.

Poderase participar ata o vindeiro luns ás 12:00 horas. O sorteo realizarase ao azar entre todas as persoas participantes e os gañadores deberán recoller as entradas o próximo martes. As bases do concurso poden consultarse na páxina web do Concello www.lugo.gal.

O final da 71ª Volta Ciclista, que acollerá a cidade o mércores 24 de agosto, discorrerá ao longo de 170 quilómetros entre Viveiro e Lugo, acollendo o municipio lucense os últimos 16 quilómetros.

Audio

  • Lara Méndez, Alcaldesa de Lugo, sobre o sorteo de entradas para a Volta a España | Descargar MP3

Bases do sorteo

Noticias relacionadas