Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello sortea seis entradas dobres para vivir a entrada da Volta Ciclista a España a pé de meta

O Concello sortea seis entradas dobres para vivir a entrada da Volta Ciclista a España a pé de meta

A Alcaldesa anunciou a apertura do sorteo, que se realizará a través dunha publicación na páxina en Facebook de Cultura e Turismo de Lugo. Poderase participar ata luns ás 12:00 horas

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Promoción turística,
    • Deportes
Venres, 19 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello sortea seis entradas dobres para vivir a entrada da Volta Ciclista a España a pé de meta

“O Concello sortea seis entradas dobres para vivir a entrada da Volta Ciclista a España a pé de meta”. Así o anunciou este venres a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen deu a coñecer que o sorteo farase a través da páxina en Facebook de Cultura e Turismo de Lugo www.facebook.com/LugoTurismo [1], entre todas aquelas persoas que comenten a publicación do sorteo. Os participantes teñen que dicir os motivos polos que recomendan vir á cidade na Volta Ciclista.

Poderase participar ata o vindeiro luns ás 12:00 horas. O sorteo realizarase ao azar entre todas as persoas participantes e os gañadores deberán recoller as entradas o próximo martes. As bases do concurso poden consultarse na páxina web do Concello www.lugo.gal [2].

O final da 71ª Volta Ciclista, que acollerá a cidade o mércores 24 de agosto, discorrerá ao longo de 170 quilómetros entre Viveiro e Lugo, acollendo o municipio lucense os últimos 16 quilómetros.

Audio

  • Lara Méndez, Alcaldesa de Lugo, sobre o sorteo de entradas para a Volta a España | Descargar MP3 [3]

Bases do sorteo

  • Descargar PDF [4]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-sortea-seis-entradas-dobres-para-vivir-entrada-da-volta-ciclista-espana-pe-de-meta

Ligazóns:
[1] http://www.facebook.com/LugoTurismo
[2] http://www.lugo.gal
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/190816_alcaldesa_-_sorteo_entradas.mp3
[4] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/bases_sorteo_facebook.pdf