O Concello renovará as zonas verdes da cidade con máis de 17.000 plantas

O Parque Rosalía de Castro, tres prazas, xardíns e diversas xardineiras lucirán un variado colorido coas plantacións que se están a realizar estes días

Luns, 02 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello renovará as zonas verdes da cidade con máis de 17.000 plantas

O Concello comezou estes días a preparar o terreo para realizar as plantacións de primavera-verán no Parque Rosalía de Casto; nas prazas Maior, da Constitución e do Ferrol; así como nos xardíns da Ronda da Muralla, barrio Feijóo e Avenida das Américas; ademais de diversas xardineiras distribuídas por varios puntos da cidade.

Para iso, plantaranse máis de 17.000 exemplares de oito especies de diferentes cores, entre as que se atopan petunias, salvias, damasquinos, iris, crocus, coleos, begonias e alegrías.

Neste senso, a entidade local solicita a colaboración da cidadanía, respectando as plantacións e as zonas verdes, coa finalidade de que todos os veciños e as persoas que visitan a cidade poidan gozar do colorido e beleza que aportarán estas plantas.

Noticias relacionadas