O Concello entrega os diplomas do cuarto curso de integración dirixido a inmigrantes extracomunitarios

Martes, 09 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello entrega os diplomas do cuarto curso de integración dirixido a inmigrantes extracomunitarios

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e o voceiro municipal e edil de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, entregaron este martes no Salón de Plenos do Concello os diplomas acreditativos de participación aos 17 asistentes á cuarta edición do curso de integración dirixido á poboación inmigrante extracomunitaria que impartiu o Concello e cofinanciado pola Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo.

Esta acción formativa, de 40 horas de duración, foi impartida entre os meses de decembro e marzo no Centro de Convivencia da Milagrosa. A finalidade é que as persoas asistentes poidan obter un informe positivo de esforzo de integración emitido pola Xunta de Galicia, informe que poderá ser presentado polas persoas estranxeiras non comunitarias nos supostos de renovación de autorizacións. Do mesmo xeito, serve para aportar como información a valorar nos supostos onde non se cumpran todos os requisitos esixidos para dita renovación.

A realización destas actividades formativas reforza o compromiso do Concello de Lugo para coas persoas, xa que, consciente das dificultades coas que se poden atopar as persoas estranxeiras á hora de renovar ás súas autorizacións, decide impartir este tipo de accións coa finalidade de promover a integración deste colectivo na cidade.

Noticias relacionadas