O Concello de Lugo trasladará o seu labor, no eido da formación e a prevención, nun congreso internacional sobre o cannabis e os seus derivados

Mércores, 06 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo estará presente no II Congreso Internacional sobre cannabis e os seus dervidados: saúde, educación e lei, que reúne dende xoves a domingo a 250 especialistas no Auditorio Municipal de Catoira. Concretamente, o técnico do Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, Francisco Fernández Eiros, participará nunha mesa redonda sobre boas prácticas de prevención do consumo de cannabis dende o ámbito local, xunto a profesionais do Concello de Vigo, a Asociación Érguete de Vigo e a Asociación Renacer de Ribeira.

Para a Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Ablleira, “que Lugo participe neste encontro significa fortalecer o compromiso do Concello coa prevención do consumo de drogas; así como recoñecer o bo labor que se desenvolve na entidade local no eido da información, formación e prevención de consumo de drogas con e sen substancia”, asegurou.

Este congreso, que xunta unha trintena de poñentes de España, Portugal, Estados Unidos, Reino Unido e Islandia, é unha iniciativa científica que busca aglutinar a profesionais sanitarios e da educación, estudantes das ramas socio-sanitarias e a todas aquelas persoas interesadas en dar unha resposta aos problemas derivados do consumo de cannabis, fenómeno que sufriu auxe nos últimos anos. “Pretende ser, polo tanto, un punto de intercambio de saberes, no que o Concello de Lugo estará presente par dar conta dos estudos realizados e tamén da súa experiencia no eido da sensibilización social ao respecto desta cuestión”, concluíu a edil.

Noticias relacionadas