O Concello de Lugo solicitou hoxe a autorización á Xunta para poder convocar as axudas para micropymes e autónomos

Martes, 04 de febreiro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, anunciou a presentación ante a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Xunta dun escrito no que se solicita a autorización para poder convocar as axudas anunciadas para os autónomos e micropymes e que non existe duplicidade de competencias.

Sonia Méndez tamén sinalou que se solicitou autorización á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro para o mesmo motivo baseada na sostenibilidade e boa situación económica do Concello. Así, o informou na Mesa Local de Comercio celebrada para explicar as consecuencias da Lei de Sostinibilidade da Administración Local aprobada polo Goberno na que se limitan as competencias dos Concellos.

“O que está a facer a Xunta non é suficiente, de feito, máis da metade de autónomos quedan sen axudas autonómicas porque non é suficiente o presuposto que destinan, polo que esto sería un complemento perfecto” segundo Méndez que dixo agardar “unha contestación rápida e positiva para poder axudar a un sector que está sufrindo de maneira forte as consecuencias da crise”.

A responsable da área económica explicou que “ante as cifras negativas de desempregados, e afiliados á seguridade social”,  o Concello, vese na obriga  de impulsar actuacións prioritarias e eficaces como é o estímulo e as axudas á creación de pequenas empresas que contribúan á dinamización do tecido empresarial e á creación de novos postos de traballo, así como fomentar a mellora competitiva das empresas xa existentes.

Esta liña de axudas está dirixida ás microempresas, menos de 10 persoas,  que desenvolvan a súa actividade dentro do municipio de Lugo, excluida a zona URBAN. A axuda poderá ser de ata o 50% do total dos gastos e se están promovidos por unha muller, incrementaráselles a subvención nun 5% máis, ata un máximo do 55%. Estas medidas son complementarias a outras iniciativas que xa impulsou este Concello, como son as axudas do Plan Urban, exclusivo para o casco histórico, ou a creación e xestión do CEI-Nodus, en funcionamento dende o ano 2004, e que ademais de ceder espazos para novas empresas tamén realizan unha tarefa de asesoramento.

Multimedia

Noticias relacionadas