O Concello de Lugo e o Club Fluvial presentan a terceira edición do curso da Escola de Montañismo

Luns, 04 de marzo de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente do Club Fluvial, Eduardo Núñez Torron, e o guía de alta montaña Gonzalo Dell Agnola, presentaron esta mañá a terceira edición do curso que ofrece a Escola de Montañismo e que comeza mañá.

O Concelleiro de Deportes explicou que esta iniciativa completa a que xa se iniciou o en pasadas ocasións que partiu dende o Club Fluvial, e contou co apoio do Concello de Lugo. O obxetivo desta Escola de Montañismo é o de achegar o ambiente de montaña mediante a práctica do deporte e desenvolver o respeto polos ambientes naturais. Díaz Grandío destacou que “as dúas primeiras edicións tiveron moito éxito e foron moitas as persoas que solicitaron a súa participación nunha nova edición”. Ademais destacou que este curso de formación é único en Galicia, xa que o Clube Fluvial é a única entidade deportiva que ofrece o curso de formación en montañismo.

O curso básico de montaña, impartido polo guía de alta montaña Gonzalo Dell Agnola, dará comezo o vindeiro martes 5 de marzo, e terá unha duración de 6 meses. As materias están divididas en seis módulos dun mes de duración cada un deles, e impartiránse durante os meses de abril, maio, xuño, outubro, novembro e decembro. Nos módulos traballase os seguintes temas:

Módulo 1 “Introducción Primeiros Pasos”
Módulo 2 “Supervivencia, orientación e navegación”
Módulo 3 “Medio Ambiente e ecoloxía - primeiros auxilios”
Módulo 4 “Fundamentos de escalada en roca”
Módulo 5 “Loxística e Planificación de trekking e expedicións”
Módulo 6 “Montañismo Invernal”

Esta actividade, que xa o ano pasado tivo unha gran acollida, intentará desenvolver a prevención e autonomía do individuo en ambientes montañosos e que poida clarificar sen problemas unha excursión á montaña. De feito, membros desta Escola de Montañismo xa fixeron saídas ao Kilimanjaro como ao Himalaya.

Multimedia

Noticias relacionadas