O Concello de Lugo celebrou este luns a festividade de San Roque

Luns, 16 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo celebrou este luns a festividade de San Roque

A Corporación municipal de Lugo participou, este luns, como ben sendo tradición na cidade dende o ano 1768, nos actos conmemorativos da festividade de San Roque.

A comitiva, encabezada polo tenente de alcaldesa e portavoz do goberno, Miguel Fernández, as concelleiras Silvia Alonso e Ana González Abelleira e polo edil Mauricio Repetto, partiu en fomación dende a Casa do Concello, e acompañada pola Garda de Gala, a través das rúas do Centro Histórico ata a Capela de San Roque, onde tivo lugar a celebración da misa na honra deste Santo.

O Concello cumpre así, un ano máis, o voto que a cidade de Lugo presta a San Roque, ao que se lle invocou protección para facer fronte a unha epidemia de peste a mediados do século XVIII.

Multimedia

  • O Concello de Lugo celebrou este luns a festividade de San Roque
  • O Concello de Lugo celebrou este luns a festividade de San Roque

Noticias relacionadas