Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo celebrou este luns a festividade de San Roque

O Concello de Lugo celebrou este luns a festividade de San Roque

  • Tema
    • Axenda institucional,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Luns, 16 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo celebrou este luns a festividade de San Roque

A Corporación municipal de Lugo participou, este luns, como ben sendo tradición na cidade dende o ano 1768, nos actos conmemorativos da festividade de San Roque.

A comitiva, encabezada polo tenente de alcaldesa e portavoz do goberno, Miguel Fernández, as concelleiras Silvia Alonso e Ana González Abelleira e polo edil Mauricio Repetto, partiu en fomación dende a Casa do Concello, e acompañada pola Garda de Gala, a través das rúas do Centro Histórico ata a Capela de San Roque, onde tivo lugar a celebración da misa na honra deste Santo.

O Concello cumpre así, un ano máis, o voto que a cidade de Lugo presta a San Roque, ao que se lle invocou protección para facer fronte a unha epidemia de peste a mediados do século XVIII.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-celebrou-este-luns-festividade-de-san-roque