O Concello crea unha Escola de Negocios

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Eva Real, anunciou hoxe a creación dunha Escola de Negocios, ao amparo do Centro de Empresas e Innovación e do NODUS.

Arrinca esta idea como un mecanismo para poder ofrecer a posibilidade de ampliar os seus estudos e formación a licenciados de todos os estratos sociais e económicos.

Segundo indicou Eva Real esta Escola estará financiada por unha parte co orzamento municipal e pola outra cos Fondos Europeos do programa 2007-2013, orientadas para a formación do capital humano.

A Concelleira anunciou que contan coa colaboración de distintas empresas e organismos para ofrecer formación específica neste ámbito de Escola de Negocios.

Servirá esta Escola para identificar as necesidades de desenvolvemento dos activos e dos futuros profesionais das empresas para poder formar nese punto en concreto. Servirá de respaldo para quenes queiran desenvolver novas competencias profesionais.

As liñas de traballo principais pasarán pola mobilización de persoas en formación a nivel europeo con programas de intercambio e de estancia en Alemania e Suecia.

Por outra banda, tentarase poñer en marcha foros de encontro e de negocios para poñer en contacto a emprendedores e potenciais inversores, para facilitar deste xeito a financiación privada.

Servirán por tanto para identificar as empresas dispostas a invertir en proxectos empresariais de novo cuño e de potencial, ademais de difundir este tipo de encontros entre o capital e a idea.

Noticias relacionadas