Esta medida excepcional busca proporcionar unha maior confortabilidade aos cidadáns, ante o incremento da demanda de uso destas instalacións exteriores.
Poderán pecharse lateralmente ata un máximo de tres cuartas partes do seu perímetro e deberán gardar a debida ventilación.
Esta medida súmase a decisión de non cobrar as taxas das terrazas tampouco no ano 2021 para apoiar ao sector e mitigar as consecuencias derivadas da COVID 19.

O Boletín Oficial da Provincia publicará mañá, luns, o bando da Alcaldesa, Lara Méndez, para a instalación de elementos de protección das terrazas por parte dos establecementos de hostalería da cidade de Lugo, ante as limitacións de aforo acordadas polas autoridades sanitarias.
A rexedora sostén que, con esta medida, “buscamos apoiar á hostalería local e mitigar, na medida do posible, as consecuencias derivadas da crise sanitaria”. Esta decisión se adopta tras adoptar o Goberno local a decisión de non liquidar as taxas das terrazas ao longo do vindeiro ano.
Debido ás maiores restriccións de aforo no interior dos establecementos, a demanda de uso das terrazas por parte dos cidadáns viuse incrementada, por este motivo en moitos casos faise necesario proporcionar unha maior confortabilidade aos usuarios, tendo en conta a época do ano na que nos atopamos, respetando a necesaria ventilación e renovación que deben ter estas instalacións exteriores.
Neste senso, o Concello ofrece aos titulares dos establecementos de hostalería a posibilidade de instalar elementos de protección, tendo en conta as seguintes pautas:
- As terrazas poderán pecharse lateralmente ata un máximo de tres cuartas partes do seu perímetro, que deberán ser de materiais transparentes ou traslúcidos que non poderán anclarse ao pavimento e deberán gardar a debida ventilación entre os peches laterais e o superior se o houbera.
- A cobertura superior só pode realizarse mediante toldos, sombrillas ou elementos similares que aguanten a intemperie.
- Tanto os peches laterais como superiores contarán con homoxeneidade de cor para unha mesma terraza.
- En todo caso deberán respetarse as condicións de uso, aforo e proporción de espacios que se establecen na normativa actual de aplicación e as que pudieran establecerse polas autoridades sanitarias competentes.
Cómpre subliñar que as presentes medidas teñen carácter excepcional e temporal e manteranse en vigor mentras continúen as restriccións ao sector da hostelería, actuais ou futuras. Así mesmo, para a implantación dos elementos de protección dunha terraza o titular do establecemento deberá presentar unha declaración responsable na que manifieste que os elementos que vai a instalar, de peche lateral e superior, cumplen as condicións establecidas no bando municipal.