O Arde Lvcvs MMXVIII amosa na súa moeda oficial ao encargado de entregar a Muralla, Constantino El Grande

Carmen Basadre e Miguel Alvelo, escoltados por dous soldados romanos, presentaron, no patio central do Vello Cárcere, o deseño deste ano

A Cohors III Lucensium repartirá entres unhas 4.000 e 5.000 moedas a partir desta mesma semana. As persoas interesadas en cambiar a súa moeda, valorada en dous euros, poden facelo en distintos establecementos do casco histórico

Luns, 14 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Arde Lvcvs MMXVIII amosa na súa moeda oficial ao encargado de entregar a Muralla, Constantino El Grande

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o presidente da asociación Cohors III Lucensium, Miguel Alvelo, así como outros membros da directiva do colectivo de recreación hostórica, escoltados por dous soldados romanos, presentaron este  luns, no patio do Vello Cárcere, a moeda oficial que esta asociación acuña, por noveno ano, para os festexos do Arde Lvcvs, que terán lugar do 15 ao 17 de xuño.

No acto, Carmen Basadre agradeceulle á Cohors III Lucensium, a continuidade desta idea orixinal, que este ano se dedicará a Constantino El Grande. Así mesmo enxalzou o traballo ano tras ano da asociación pola recreación histórica, que cada edición busca unha persoaxe significativa nova que acuñar do pasado e da historia de Lvcvs Avgvsti.

Pola súa banda Alvelo agradeceu ao Concello, personificado en Carmen Basadre, o traballo por sacar adiante o Arde Lvcvs, agardando que as festas deste ano repitan o éxito das anteriores.

 A moeda oficial dos festexos desta edición é un follis de bronce, do ano 320 D.C, acuñada na honra de Constantinvs Máximvs Avgvstv, catalogado como o primeiro Emperador Cristiano, que reunificou o imperio tras as loitas dos diferentes poderes, levando a súa capital a Constantinopla. Este persoaxe foi o que entregou a Muralla de Lvcvs Avgvsti, no ano 310, e encargado de publicar un edicto no que non deben ser perseguidos os cristiáns. No anverso aparece este emperador, que mira á dereita, cunha diadema de rosetas, ataviado cun paludamento drapeado con coraza; e no reverso figura Gloria Exercitvs, dous soldados romanos sostendo lanzas e escudos.

 A Cohors III Lucensium repartirá entres unhas 4.000 e 5.000 moedas a partir desta mesma semana. Cada moeda ten un valor de 2 euros. As persoas interesadas en cambiar a súa moeda poden facelo en distintos establecementos do casco histórico. Así mesmo tamén se poderá adquirir no propio campamento desta asociación ao longo dos festexos.

Para calquera outra información poden dirixirse á asociación a través do enderezo electrónico info@cohorsIIIlucensium.es ou en www.ardelucus.com

Audio

Noticias relacionadas