Música clásica e ofrenda floral no cemiterio polo Día do Pai

Xoves, 15 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Concello e Cidadanía, que dirixe Rosana Rielo, organiza para este domingo 18 de marzo, Día do Pai, no cemiterio de San Froilán actos culturais co obxectivo de render unha homenaxe familiar e íntima neste día tan sinalado aos pais, e, ao mesmo tempo, impulsar un dos principais valores patrimoniais da cidade, como é o camposanto municipal. De feito, está na listaxe de cemiterios máis bonitos do mundo de National Geographic, e obtivo galardóns por contar coa mellor actividade de portas abertas de España  e co mellor monumento arquitectónico, o mausoleo neogótico.

As actividades polo Día do Pai consistirán nun concerto do Trío Bóreas, de música clásica, ás 13:00 horas, e seguidamente o reparto de flores entre os asistentes para facer unha ofrenda floral a todos os pais.

Noticias relacionadas