Muller e Igualdade mantén aberto ata o domingo o prazo de inscrición do Aprende Xogando para o 3º trimestre escolar e Semana Santa

Este programa de conciliación está dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, empadroados/as en Lugo. As inscricións realizaranse de xeito telemático.

Xoves, 03 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Muller e Igualdade mantén aberto ata o domingo o prazo de inscrición do Aprende Xogando para o 3º trimestre escolar e Semana Santa

A Concellería de Muller e Igualdade, que dirixe Silvia Alonso, mantén aberto até o domingo o prazo de inscrición do programa Aprende Xogando para o 3º trimestre do curso escolar, correspondente ás tardes dos meses de abril, maio e xuño e para as mañás das vacacións de Semana Santa (11, 12, 13 e 18 de abril).

Tanto as bases como a instancia poden descargarse a través da seguinte ligazón: http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/programa-gl-aprende-xogando

Silvia Alonso lembrou que o Aprende Xogando é un programa orientado a favorecer a conciliación nos eidos laboral, familiar e persoal, beneficiando tanto ás e aos menores como á unidade de convivencia no seu conxunto, apoiando de xeito especial ás mulleres no seu proceso de participación sociolaboral.

Está dirixido a nenas e nenos empadroadas/os no Concello de Lugo cunha idade comprendida entre os 3 e os 12 anos. As inscricións realizaranse de xeito telemático polos/as proxenitores/as dos/das menores, no e-mail aprendexogando@lugo.gal sinalando nome, apelidos da/o menor e nome, apelidos e D.N.I. do/da proxenitor/a solicitante aportando anexo normalizado para a solicitude e a documentación requerida.

O programa levarase a cabo en horario de tarde, das 16:00 ás 20:30 horas e en período das vacacións escolares tamén con opción de maña, das 9:00 ás 14:00 horas nos centros de convivencia Uxío Novoneyra, Maruja Mallo e Milagrosa.

Noticias relacionadas