Miguel Fernández e Pablo Permuy reincorpóranse as súas respectivas áreas de responsabilidade tras os seus períodos de convalecencia

A rexedora, Paula Alvarellos, celebrou a súa volta ao equipo: “A súa reincorporación permítenos recuperar plenamente a súa dedicación e capacidade de xestión ao servizo da veciñanza”.

Martes, 04 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández e Pablo Permuy reincorpóranse as súas respectivas áreas de responsabilidade tras os seus períodos de convalecencia

Os concelleiros de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, e de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, reincorporáronse hoxe ás súas funcións no Goberno local tras os seus respectivos períodos de convalecencia.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, destacou a importancia da súa volta para seguir impulsando os proxectos en marcha. “Miguel e Pablo son pezas clave do noso equipo e a súa reincorporación permítenos recuperar plenamente a súa dedicación e capacidade de xestión ao servizo da veciñanza”, subliñou.

Alvarellos expresou tamén a súa satisfacción por contar de novo con eles dentro do executivo municipal. “Alegrámonos moito de ter de volta a Miguel e Pablo, porque, ademais do seu traballo, son compañeiros comprometidos e entregados á súa responsabilidade pública”, concluiu.

Multimedia

  • Miguel Fernández e Pablo Permuy reincorpóranse as súas respectivas áreas de responsabilidade tras os seus períodos de convalecencia

Noticias relacionadas