Medio Ambiente intensifica a limpeza dos parques de Frigsa e Rosalía para diminuír a pegada dos estorniños

As tarefas, ás que en vindeiras xornadas se sumarán labores de dispersión das aves, precisaron da mobilización de catro operarios que traballaron no aseo e acondicionamento destas contornas

Venres, 31 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente intensifica a limpeza dos parques de Frigsa e Rosalía para diminuír a pegada dos estorniños

A área de Medio Ambiente intensifica estes días a limpeza dos parques Rosalía de Castro e Frigsa para minimizar as consecuencias da presenza de estorniños námbolos dous enclaves.

“O posible incremento dos exemplares que se aloxan nos espazos verdes do concello, motivado fundamentalmente pola climatoloxía e outros factores ambientais, multiplicou a sucidade nestas contornas volvendo máis notorias para a cidadanía as molestias que ocasionan. Un prexuízo que estamos a combater, primeiramente reforzando as brigadas municipais que acometen o aseo dos xardíns e que, en vindeiras xornadas se complementará, á súa vez, con labores de dispersión das colonias que os habitan”, referiu Álvaro Santos.

O edil responsable de área explicou, así, que este venres concluirá a hixienización do mobiliario urbano instalado nestas zonas para a que foi preciso mobilizar a catro operarios con hidrolimpadoras, unha mangueira a presión e un camión cisterna co fn de eliminar a pegada dos paxaros.

Santos Ramos subliñou, así mesmo, que “durante o mes de agosto a empresa encargada da vixilancia e control dos estorniños na capital acrecentará os traballos para afastalos destes asentamentos, acadando a súa expulsión cara outros lugares mediante técnicas non letais como a aplicación de sons de alarma ou do voo de intimidación de aves rapaces adestradas”.

Por outra banda, o concelleiro de Medio Ambiente solicitou a colaboración da veciñanza para evitar que continúe aumentado o número de pombas aloxadas na Praza Maior, á que acoden debido á concentración de numerosos locais de hostalaría nos que obteñen alimento, e pediu que, respectando o que xa contempla a propia Ordenanza de Protección e Tenza de Animais, eviten darlles comida para non xerar focos de insalubridade.

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre a limpeza e control de Estorniños | Descargar mp3

Multimedia

  • Medio Ambiente intensifica a limpeza dos parques de Frigsa e Rosalía para diminuír a pegada dos estorniños

Noticias relacionadas