Medio Ambiente continúa coa campaña para a recollida de aceite doméstico

Luns, 13 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente continúa coa campaña para a recollida de aceite doméstico

O Concello de Lugo informaba no día de hoxe dos días e horas nas que, continuará a campaña para incentivar a recollida de aceite vexetal nas vivendas de Lugo.

A través desta campaña, a concellería de Medio Ambiente está a repartir entre a cidadanía máis de 5.600 embudes que teñen a finalidade de favorecer o proceso de almacenamento caseiro do aceite usado en botellas ou recipientes de plástico para posteriormente poder levalos aos contedores de reciclaxe do aceite.  

Coa reciclaxe do aceite doméstico conséguense vantaxes para todos e todas, e por partida dobre: por unha banda, evítase a contaminación dos espazos públicos e, pola outra, cada litro que se recicla pódese transformar nun litro de biocombustible diesel.

As accións de concienciación, que se financian con fondos europeos acadados nunha convocatoria aberta pola Xunta, contemplan, ademais, charlas informativas a colectivos e asociacións da cidade.

Esta campaña nacía en paralelo coa instalación dos 50 colectores especiais para a reciclaxe do aceite doméstico, en tódolos barrios da cidade. “Desta forma todas as veciñas e veciños terán un preto de casa” explicaba a rexedora ao tempo que destacaba que “conseguir a complicidade da poboación na recollida do aceite usado é un dos obxectivos”.

Ubicacións campaña aceite vexetal:

Luns 13/02/2023 (10:30-13:30h). Praza de San Roque

Martes 14/02/2023  (10:30-13:30h). Fonte dos Ranchos

Martes 14/02/2023 (15:30-18:30h). Praza da Milagrosa

Mércores 15/02/2023 (10:30-13:30h) – Praza Maior

Xoves 16/02/2023 (15:30-18:30h) – Praza Augas Ferreas

Venres 17/02/2023 (10:30-13:30h) – Lamas de Prado (Praza do Castiñeiro)

 

Noticias relacionadas