Maite Ferreiro entrega os premios do certame fotográfico MIHL Olladas

Maite Ferreiro: "buscamos fotografías que poñan en valor un espazo de Lugo tan singular como o MIHL"

Un xurado formado por 3 profesionais da fotografía decidiron os 3 premios de 500, 350 e 200€ para canxear por material fotográfico

Sábado, 21 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro entrega os premios do certame fotográfico MIHL Olladas

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou o certame de fotografía MIHL Olladas, que ten por obxectivo difundir os elementos arquitectónicos do museo a través da fotografía. "Buscamos a mirada das veciñas e veciños de Lugo dun espazo tan singular como o MIHL", afirmou Maite Ferreiro.

A área de Cultura buscou  fotografías que fagan difusión da arquitectura do MIHL, que poñan en valor os aspectos da mestura entre a arquitectura do edificio e a contorna, que revelen a experiencia das visitantes ou que descubran os recunchos máis recónditos do edificio.

O xurado, formado por 3 profesionais da fotografía, decidiu os 3 premios, dotados con 500, 350 e 200€ para canxear por material fotográfico, que recaeron respectivamente en Katia Lodeiro, David Barreiro e Brais Zárate. “Con este concurso puidemos desfrutar unha vez máis da gran creatividade das veciñas e veciños de Lugo, nesta ocasión no campo da fotografía”, afirmou Maite Ferreiro, que agradeceu a todas as persoas que se presentaron a súa participación.

Noticias relacionadas