Lugo avanza, como membro do Eixo Atlántico, na construción do Mapa de Cohesión Social para o deseño das futuras políticas locais

A ferramenta, pioneira no seu ámbito, será unha foto fixa da situación real dos municipios que permitirá a Concellos e Deputacións traballar para atallar a vulnerabilidade.

Sábado, 26 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo avanza, como membro do Eixo Atlántico, na construción do Mapa de Cohesión Social para o deseño das futuras políticas locais

O Concello de Lugo participa no Mapa de Cohesión Social do Eixo Atlántico. Un documento innovador cuxa elaboración se impulsa dende o organismo transfronteirizo e que terá un papel crucial xa non só na obtención de información sobre os hábitos e a calidade de vida da cidadanía, senón para afondar nas causas que orixinan a vulnerabilidade económica e social da poboación relacionada con factores como a seguridade, a educación, a saúde e mesmo a participación no ámbito político.

A concelleira de Benestar, Olga López Racamonde e a xefa de Servizos Sociais, Pilar Rodríguez, participaron esta semana na reunión sectorial convocada polo Eixo para presentar o resumo dos datos obtidos durante o traballo de campo realizado en cada localidade e avanzar, así, na elaboración definitiva do mapa, cuxa creación foi adxudicada, en concurso público, á Universidade de Deusto.

Trátase dunha ferramenta pioneira que terá unha gran transcendencia en tanto nos permitirá aos municipios relacionar todas estas cuestións coas brechas, transversais, de xénero, xeracional e mesmo dixital, xa que a análise que se faga será como unha foto fixa dos municipios que nos permitirá deseñar e desenvolver políticas municipais acordes a esa realidade”, sinalou a edil ao tempo que destacou a importancia deste mapa social en tanto contribuirá a que as cidades melloren en termos de inclusión, resiliencia e sostibilidade.

Noticias relacionadas