A área de Deportes pecha así a vixésimo terceira edición do circuíto popular cunha proba que terá lugar na contorna do Parque de Frigsa, con saída e chegada no Gustavo Freire.
Na carreira principal tomarán parte membros do Exército de Terra, Exército do Aire e do Espazo, Armada, Policía Nacional e Autonómica, Garda Civil, Policía Local e Bombeiros.
O circuíto suma 2.400 competidores nas cinco probas anteriores e culminarán a súa participación nesta cita final. Para o domingo hai inscritos arredor de mil atletas.

Este domingo, 8 de xuño, Lugo despedirá a XXIII Edición do Circuíto Larsa Corre con Nós cunha proba especial que se desenvolverá no entorno do Parque de Frigsa. Nesta ocasión, a cita deportiva renderá homenaxe ás Forzas Armadas e Corpos de Seguridade do Estado, cunha destacada participación institucional e operativa.
Co peche de inscricións, o circuíto suma un total de 2.400 competidores que tiveron ocasión de disputar as cinco probas anteriores e que culminarán a súa participación nesta cita final. Para o domingo espérase que tomen parte arredor de 1.000 atletas. Segundo explicou o concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, “todos e todas as participantes xunto as empresas que patrocinan e colaboran na organización desta competición, contribuíron a que o Circuíto Larsa Corre con Nós se consolide como o único de carreiras populares totalmente gratuíto de Galicia, con 23 anos consecutivos de compromiso por parte da Concellería de Deportes do Concello de Lugo”.
A carreira principal comezará ás 12:30 da mañá e contará coa presenza activa de membros do Exército de Terra, Exército do Aire e do Espazo, Armada, Policía Nacional e Autonómica, Garda Civil, Policía Local e Bombeiros de Lugo.
Os membros das Forzas Armadas e Corpos de Seguridade do Estado terán dobre protagonismo na xornada do domingo, xa que ademais de estar presentes e competir na última proba deste circuíto popular, achegarán varios vehículos e infraestrutura que estarán expostos no aparcadoiro do Auditorio Gustavo Freire, novo punto de saída e chegada da proba. Os asistentes, tanto corredores como público en xeral, poderán visitar esta mostra e coñecer de preto a súa labor de protección e servizo á cidadanía.
Cambios de localización e afectación ao tráfico
A diferencia doutras edición, a zona de saída e chegada desprazouse este ano á contorna do Auditorio Gustavo Freire, onde estará instalada a infraestrutura organizativa. Como consecuencia da celebración da carreira, o tráfico na Avenida Duquesa de Lugo, no tramo paralelo ao Parque de Frigsa, será reordenado entre as 11:30 e as 13:30 horas. Ademais, a marxe dereita da vía, en sentido O Ceao, dividirase mediante conos para permitir a circulación nos dous sentidos, mentres que a outra marxe permanecerá cortada para o desenvolvemento da proba de adultos, que comezará ás 12.00 horas.
Horarios e percorridos das carreiras
A competición desenvolverase segundo o seguinte programa:
- 12:00 h – Categoría Mini (250 m)
https://racemapp.com/recorrido/1032-corre-con-nos-frigsa-final-circuito-mini - 12:05 h – Sub10 e Sub12 (850 m)
https://racemapp.com/recorrido/1031-corre-con-nos-frigsa-final-circuito-sub12sub10 - 12:15 h – Sub14 e Sub16 (1.700 m)
https://racemapp.com/recorrido/1030-corre-con-nos-frigsa-final-circuito-sub16sub14 - 12:30 h – Categoría Adultos (4.750 m)
https://racemapp.com/recorrido/1043-corre-con-nos-frigsa-final-circuito-adultos
As e os interesados ten toda a información sobre esta proba e sobre o Corre con Nós, no enlace:
https://correconnos.com/es/web/evento/2935/
Entrega de trofeos e devolución de chips
A cerimonia de entrega de trofeos finais do circuíto 2025, correspondentes ás categorías menores, adultos, clasificación xeral, por equipos, colexios e familias, celebrarase na segunda quincena de xuño, nunha data aínda por determinar. En canto á devolución dos chips de aluguer das categorías Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16, poderá realizarse ata o venres 30 de xuño, en Intersport Lugo, dentro do seu horario comercial. A devolución permitirá recuperar a fianza abonada na inscrición.
Máis info
- Cartel CCNOS FFAA | Descargar pdf
Audio
- O edil Jorge Bustos, sobre a última proba do Corre con Nós | Descargar mp3

