Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo acolle o domingo a proba final do Corre con Nós, cunha carreira en homenaxe ás Forzas Armadas e Corpos de Seguridade do Estado

Lugo acolle o domingo a proba final do Corre con Nós, cunha carreira en homenaxe ás Forzas Armadas e Corpos de Seguridade do Estado

A área de Deportes pecha así a vixésimo terceira edición do circuíto popular cunha proba que terá lugar na contorna do Parque de Frigsa, con saída e chegada no Gustavo Freire.

Na carreira principal tomarán parte membros do Exército de Terra, Exército do Aire e do Espazo, Armada, Policía Nacional e Autonómica, Garda Civil, Policía Local e Bombeiros.

O circuíto suma 2.400 competidores nas cinco probas anteriores e culminarán a súa participación nesta cita final. Para o domingo hai inscritos arredor de mil atletas.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Desenvolvemento social,
    • Corre con nós
Xoves, 05 de xuño de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo acolle o domingo a proba final do Corre con Nós, cunha carreira en homenaxe ás Forzas Armadas e Corpos de Seguridade do Estado

Este domingo, 8 de xuño, Lugo despedirá a XXIII Edición do Circuíto Larsa Corre con Nós cunha proba especial que se desenvolverá no entorno do Parque de Frigsa. Nesta ocasión, a cita deportiva renderá homenaxe ás Forzas Armadas e Corpos de Seguridade do Estado, cunha destacada participación institucional e operativa.

Co peche de inscricións, o circuíto suma un total de 2.400 competidores que tiveron ocasión de disputar as cinco probas anteriores e que culminarán a súa participación nesta cita final. Para o domingo espérase que tomen parte arredor de 1.000 atletas. Segundo explicou o concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, “todos e todas as participantes xunto as empresas que patrocinan e colaboran na organización desta competición, contribuíron a que o Circuíto Larsa Corre con Nós se consolide como o único de carreiras populares totalmente gratuíto de Galicia, con 23 anos consecutivos de compromiso por parte da Concellería de Deportes do Concello de Lugo”.

A carreira principal comezará ás 12:30 da mañá e contará coa presenza activa de membros do Exército de Terra, Exército do Aire e do Espazo, Armada, Policía Nacional e Autonómica, Garda Civil, Policía Local e Bombeiros de Lugo.

Os membros das Forzas Armadas e Corpos de Seguridade do Estado terán dobre protagonismo na xornada do domingo, xa que ademais de estar presentes e competir na última proba deste circuíto popular, achegarán varios vehículos e infraestrutura que estarán expostos no aparcadoiro do Auditorio Gustavo Freire, novo punto de saída e chegada da proba. Os asistentes, tanto corredores como público en xeral, poderán visitar esta mostra e coñecer de preto a súa labor de protección e servizo á cidadanía.

Cambios de localización e afectación ao tráfico

A diferencia doutras edición, a zona de saída e chegada desprazouse este ano á contorna do Auditorio Gustavo Freire, onde estará instalada a infraestrutura organizativa. Como consecuencia da celebración da carreira, o tráfico na Avenida Duquesa de Lugo, no tramo paralelo ao Parque de Frigsa, será reordenado entre as 11:30 e as 13:30 horas. Ademais, a marxe dereita da vía, en sentido O Ceao, dividirase mediante conos para permitir a circulación nos dous sentidos, mentres que a outra marxe permanecerá cortada para o desenvolvemento da proba de adultos, que comezará ás 12.00 horas.

Horarios e percorridos das carreiras

A competición desenvolverase segundo o seguinte programa:

  • 12:00 h – Categoría Mini (250 m)
    https://racemapp.com/recorrido/1032-corre-con-nos-frigsa-final-circuito-mini [1]
  • 12:05 h – Sub10 e Sub12 (850 m)
    https://racemapp.com/recorrido/1031-corre-con-nos-frigsa-final-circuito-sub12sub10 [2]
  • 12:15 h – Sub14 e Sub16 (1.700 m)
    https://racemapp.com/recorrido/1030-corre-con-nos-frigsa-final-circuito-sub16sub14 [3]
  • 12:30 h – Categoría Adultos (4.750 m)
    https://racemapp.com/recorrido/1043-corre-con-nos-frigsa-final-circuito-adultos [4]

As e os interesados ten toda a información sobre esta proba e sobre o Corre con Nós, no enlace:
https://correconnos.com/es/web/evento/2935/ [5]

Entrega de trofeos e devolución de chips

A cerimonia de entrega de trofeos finais do circuíto 2025, correspondentes ás categorías menores, adultos, clasificación xeral, por equipos, colexios e familias, celebrarase na segunda quincena de xuño, nunha data aínda por determinar.  En canto á devolución dos chips de aluguer das categorías Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16, poderá realizarse ata o venres 30 de xuño, en Intersport Lugo, dentro do seu horario comercial. A devolución permitirá recuperar a fianza abonada na inscrición.

Máis info

  • Cartel CCNOS FFAA | Descargar pdf [6]

Audio

  • O edil Jorge Bustos, sobre a última proba do Corre con Nós | Descargar mp3 [7]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-acolle-o-domingo-proba-final-do-corre-con-nos-cunha-carreira-en-homenaxe-forzas-armadas-e

Ligazóns:
[1] https://racemapp.com/recorrido/1032-corre-con-nos-frigsa-final-circuito-mini
[2] https://racemapp.com/recorrido/1031-corre-con-nos-frigsa-final-circuito-sub12sub10
[3] https://racemapp.com/recorrido/1030-corre-con-nos-frigsa-final-circuito-sub16sub14
[4] https://racemapp.com/recorrido/1043-corre-con-nos-frigsa-final-circuito-adultos
[5] https://correconnos.com/es/web/evento/2935/
[6] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/cartel_ccnos_ffaa_1.pdf
[7] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/05625_jorge_bustos_ultima_proba_corre_con_nos.mp3