Legados arquitectónicos que definiron épocas do urbanismo lugués, protagonistas do calendario municipal do 2019

O calendario, que xa pode descargase en www.lugo.gal, foi elaborado polo alumnado dos obradoiros de emprego que ten en marcha o Concello, InteracTICvate e Fórum 4.0. Tamén hai exemplares en papel na Casa Consistorial

Luns, 14 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Legados arquitectónicos que definiron épocas do urbanismo lugués, protagonistas do calendario municipal do 2019

Os legados arquitectónicos que definiron distintas épocas do urbanismo lugués protagonizan o calendario municipal do 2019, que pode descargarse xa na páxina web municipal, www.lugo.gal. Tamén hai exemplares en papel na Casa Consistorial.

O calendario foi elaborado polas alumnas e alumnos dos obradoiros de emprego que acadou e que ten en marcha o Concello, InteracTICvate e Fórum 4.0.

Entre os espazos e patrimonio que recolle este calendario está a Praza do Ferrol co edificio da Eléctrica Lucense ao fondo, a fachada do Gran Teatro, unha vista da Praza Maior un día de mercado de 1910, as obras de construción da nova torre da Catedral de Lugo, unha vista da ponte sobre o río Miño, unha vista da casa Velarde e a Praza de Abastos, o edificio de ferrocarril de Lugo, unha vista do colexio-internado do Sagrado Corazón de Lugo, o sanatorio Pimentel, o estanque do Parque de Alfonso XIII, a vista do antigo Instituto de Hixiene na Ronda da Muralla ou a vista de edificio de adosados á Muralla, entre outros.

Noticias relacionadas