Lara Méndez suma as propostas dos hostaleiros ao plan de modificar os espazos públicos para ampliar as terrazas

A asociación compartíu as liñas marcadas pola alcaldesa, que se plasmarán nun borrador para que sexa aprobado pola Comisión de Tráfico.

A alcaldesa de Lugo incidiu en que as medidas terán un carácter excepcional para apoiar ao sector e que deberán ser respectuoso co mantemento dos espazos para os peóns.

Luns, 11 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez suma as propostas dos hostaleiros ao plan de modificar os espazos públicos para ampliar as terrazas

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo hoxe unha reunión coa membros da Asociación de Empresarios de Hostalaría para escoitar as súas suxerencias co fin establecer as pautas que rexerán a xestión dos espazos públicos co fin de que a hostalaría local poida ou ben ampliar as terrazas das que dispoñen ou ben instalalas no caso daqueles establecementos que agora non teñen e así o desexen.

A rexedora avanzoulles que esta planificación terá un carácter excepcional xa que o obxectivo será axudar á recuperación da actividade dun dos principais sectores económicos da cidade. Insistiu, ademais que as medidas que se adopten deben ser respectuosas co mantemento do espazo necesario para a circulación de vehículos de emerxencia e co dereito da veciñanza para desprazarse pola cidade sen barreiras.

Os hostaleiros, encabezados polo seu presidente, Cheché Real, compartiron as liñas marcadas pola Concello que sumou as súas aportacións ao plan que, agora, se plasmará nun borrador para que sexa aprobado pola Comisión de Tráfico, que preside a rexedora.

As medidas artelladas estarán baseadas, principalmente, en cinco supostos: a ampliación das terrazas nas zonas peonís que así o permitan; o estudo das rúas que se poidan cortar ao tráfico tanto para favorecer a súa colocación como para incrementar as zonas de paseo da cidadanía; a instalación de mesas e cadeiras en vías de anchura suficiente ou, en caso contrario, valorarase a utilización, ao efecto, dalgunhas áreas de aparcadoiro sitas en fronte e, por último, analizarase a posibilidade de ubicar terrazas  en prazas amplas, como poden ser as de Augas Férreas, Bretaña ou Camiño Primitivo.

Audio

  • A alcaldesa Lara Méndez, sobre o encontro cos hostaleiros| Descargar mp3

Noticias relacionadas