Lara Méndez recibe aos integrantes do Club Ritmo Lugo que se alzaron con 45 medallas nos Nacionais de Hip Hop e Bailes Caribeños

A rexedora desexou “a mellor das sortes” aos membros da academia lucense que foron seleccionados para competir en outubro no Mundial de Varsovia (Polonia).

 
Mércores, 28 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe aos integrantes do Club Ritmo Lugo que se alzaron con 45 medallas nos Nacionais de Hip Hop e Bailes Caribeños

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este mércores no Concello aos integrantes do Club Ritmo Lugo que se alzaron cun total de 45 medallas nos Campionatos de Espña de Hip Hop e Bailes Caribeños (Salsa on2, Merengue, Bachata e Salsa cubana) celebrados en Narón (Ferrol). En concreto, os bailarines lucenses conseguiron 14 medallas de ouro; 16 medallas de prata; e 15 medallas de bronce.

A rexedora felicitou aos membros do club lucense polo seu gran éxito e desexou a mellor das sortes aos nove integrantes de Ritmo Lugo que acaban de ser seleccionados para competir no Mundial IDO World Dance Organization, que se celebrará os próximos 27 a 30 de outubro en Varsovia, Polonia, “estaremosvos apoiando dende a distancia para que levedes o nome de Lugo ao máis alto”, apuntou Lara Méndez.

Multimedia

  • Lara Méndez recibe aos integrantes do Club Ritmo Lugo que se alzaron con 45 medallas nos Nacionais de Hip Hop e Bailes Caribeños

Noticias relacionadas