
Este fin de semana a Escola Karate Shihan estivo de parabéns polos resultados obtidos en Cantabria e en Guadalajara.
Por unha banda, en Cantabria, un grupo de deportistas destacaron en Kata e Kumite, logrando o primeiro posto Iria Enríquez en Kata en categoría infantil - xuvenil e quedando en segunda posición os deportistas Iria Enríquez en Kumite xuvenil e Lucas Aulkmeier e Iria Enríquez en Kumite por equipos infantil - xuvenil.
Parabéns tamén ao resto dos seus compañeiros: Alex Díaz, Naiara Pérez, David Enríquez, Leo Aulkmeier, Mateo Aldeanueva e Daniel Aldeanueva.
Doutra banda, outro grupo de deportistas desplazouse a Guadalajara para competir pola Copa de Estilos Internacional onde Valeria Rubal conseguiu un merecedísimo segundo posto en Kata Benxamín.
A Escola quere salientar a actuación de Marta Martínez co seu quinto posto en Kata Senior, Elena Viñas que quedou en séptima posición en Kata Junior e o traballo de David Rubal en Kata Máster.


