Xoves, 07 de outubro de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu esta mañá, na Aula de Productos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC en Lugo, á presentación dos novos productos “OPTIPRO” de Leche Rio.
A rexedora, ademais de agradecer o convite, trasladoulle os seus parabéns a Carmen Lence por “este novo nacemento, que, sen lugar a dúbidas, será un novo éxito pero tamén por seguir emprendendo e ampliando mercado o que non só dará maior proxección ao nome da empresa senón tamén ao da cidade”.
Durante o acto, as persoas asistentes realizaron unha visita guiada ás instalacións da Aula de Productos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias para coñecer as dependencias e o seu funcionamento.