Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez felicita a Leche Río por “abrir mercados e ser unha empresa dinamizadora clave da economía de Lugo”

Lara Méndez felicita a Leche Río por “abrir mercados e ser unha empresa dinamizadora clave da economía de Lugo”

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía,
    • Comercio
Xoves, 07 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez felicita a Leche Río por “abrir mercados e ser unha empresa dinamizadora clave da economía de Lugo”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu esta mañá, na Aula de Productos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC en Lugo, á presentación dos novos productos “OPTIPRO” de Leche Rio.

A rexedora, ademais de agradecer o convite, trasladoulle os seus parabéns a Carmen Lence por “este novo nacemento, que, sen lugar a dúbidas, será un novo éxito pero tamén por seguir emprendendo e ampliando mercado o que non só dará maior proxección ao nome da empresa senón tamén ao da cidade”.

Durante o acto, as persoas asistentes realizaron unha visita guiada ás instalacións da Aula de Productos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias para coñecer as dependencias e o seu funcionamento.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-felicita-leche-rio-por-abrir-mercados-e-ser-unha-empresa-dinamizadora-clave-da