Lara Méndez destaca o labor social e de sustento da economía dos axentes comerciais, no acto de celebración do 90 aniversario do seu colexio oficial

Sábado, 12 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez destaca o labor social e de sustento da economía dos axentes comerciais, no acto de celebración do 90 aniversario do seu colexio oficial

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este sábado no acto de celebración do 90 aniversario do Colexio Oficial de Axentes Comerciais. A rexedora destacou na súa intervención o labor social e de sustento da economía dos axentes comerciais, pois xestionan máis dun trecio do PIB de España e interveñen en máis do 64% do conxunto de transaccións do mercado, así como o seu papel de vertebración do territorio.

Do mesmo xeito, Lara Méndez quixo felicitar aos 50.000 profesionais de todo o territorio nacional pola efemérida tan importante como é cumprir 90 anos, “porque non é doado conseguilo, e se se consegue é porque hai traballo, traxectoria e grandes profesionais detrás”.

Así mesmo, a Alcaldesa, quen lembrou que ela tamén fora comercial, fixo fincapé na dificutade desta profesión, que require independencia, organización, coñecemento, tenacidade, responsabilidade e empatía, “de ahí que nunha será substituída polas novas tecnoloxías”, asegurou Méndez, quen lles augurou outros 90 anos polo menos, dado que esta profesión é unha das máis demandadas, máis do 40% das ofertas de emprego son para cubrir funcións de comerciais, xerando 55.000 milllóns de eurso de venda ao ano.

Méndez, que estivo acompañada polo Presidente e o Secretario do Colexio, Pedro Torrens e Jaime Gueimonde, entre outros membros da entidade colexial tamén, tamén manifestou a aposta do Goberno polo sector comercial, e lembrou que na liña de impulsar o emprendemento, o Concello vén de lanzar, xunto á EOI, o programa Inicia Coworking, do que nacerán 88 proxectos, que poderán requerir do labor de intermediación dos axentes comerciais. 

Noticias relacionadas