Lara Méndez asiste ó VII Encontro Ibérico de Xestores de Patrimonio Mundial centrado nos desafíos da sustentabilidade

Na imaxe, Lara Méndez ca directora Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta: Carmen Martínez e Elisa de Cabo de la Vega, titular da subdirección Xeral de Proteccion do Patrimonio

Martes, 29 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez asiste ó VII Encontro Ibérico de Xestores de Patrimonio Mundial centrado nos desafíos da sustentabilidade

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acudiu esta semana ao VII Encontro Ibérico de Gestores de Patrimonio Mundial organizado pola DGPC, Direção Regional de Cultura dos Açores e a Comision Nacional da UNESCO que se celebrou este 28 e 29 de outubro nas Illas Azores.

Ó encontro asistiron xestores de bens inscritos na lista do Patrimonio Mundial, especialistas e técnicos no dominio do patrimonio cultural e áreas relacionadas, investigadores, profesores, estudantes universitarios, representantes de ONG, grupos da sociedade civil e cidadáns con interese no debate sobre Patrimonio Mundial.

O tema principal desta xornada foi “O Patrimonio Mundial e os desafíos da sustentabilidade”. Estructurouse o encontro en catro paneis temáticos nos que se abordaron as diferentes facetas do desenvolvemento sustentable: Cidades Patrimonio Mundial como paisaxes urbanas históricas e desafíos urxentes aos sistemas de xestión; sitios arqueolóxicos e xestión do turismo;  paisaxes culturais, modelos de xestión integrada; os grandes monumentos- sistemas de xestión sustentables, e  comunicar o Patrimonio Mundial a mozos, comunidades e turistas.

O goberno de Lara Méndez busca que a súa aposta por acadar o cuarto patrimonio da Humanidade, o  perímetro interior da muralla, así como que a gastronomía lucense sexa patrimonio inmaterial, vaia “da man cara un novo modelo de cidade  “sostible e respectuosa co medio ambiente”. E neste ido recordou a boa acollida desta candidatura por parte de Reyes Maroto, Ministra de Industria, Comercio e Turismo, que anunciou que contará con todo o apoio do Goberno.

A alcaldesa tamén tivo a oportunidade de explicarlle aos asistentes ao congreso os numerosos atractivos e reclamos turísticos de Lugo, como son os tres Patrimonios da Humanidade recoñecidos, a Muralla, a Catedral e o Camiño Primitivo,  a Vía Küning, os seus museos ou o turismo termal. Destacou, ademais, o impulso da cultura a través das dúas festas de interese turístico nacional como San Froilán e o Arde Lucus, ás que se suma agora unha nova cita, o Caudal Fest, festival de música que con tan so dúas edición reuniu a máis de 30.000 persoas na cidade de Lugo.

Noticias relacionadas