- Tema

O concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, participou esta mañá na carreira solidaria ‘Llenando de vida cada paso’, organizada polo centro San Vicente de Paúl e a Asociación de familiares e Amigos de persoas con discapacidade intelectual, Afadi, xunto ao atleta Óscar Domínguez Rodríguez, quen comezou ás nove da mañá esta carreira solidaria de cincuenta horas polo adarve da muralla.
Bustos destacou a importancia de contribuír a esta iniciativa solidaria para dar visibilidade á asociación Afadi, ao traballo que realizan desde o Centro San Vicente de Paúl, e para chamar a atención sobre a necesidade de adquirir un firme compromiso coa inclusión. O obxectivo desta iniciativa pasa por recadar 12.500 euros para material específico para favorecer a estimulación; mobiliario especializado; equipamento e desenvolvemento de programas de ocio.


