Instaladas 25 mesas de madeira con bancos en tres zonas verdes de Lugo

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe o Concelleiro Lino González Dopeso, instalou un total de 25 mesas de madeira cos seus respectivos bancos en tres áreas verdes de Lugo.

Así, foron instaladas sete no primeiro sector do Parque do Miño (entre a entrada e a zona de aseos públicos), outras sete na Carballeira de Cea de Olga, e 11 no parque do Recinto Feiral, para substituír ás que estaban en mal estado.

Cun orzamento de preto de 12.000 euros, estas mesas e bancos teñen a función de servir de lugar de reunión e descanso aos lucenses que habitualmente pasean por estas zonas, en especial nos meses de verán.

O Concelleiro indicou que máis mesas cos bancos se instalarán nos seguintes sectores do parque do Miño, en próximas datas.

Ademais, hoxe comezou a instalación dos bancos de exercizos do circuíto saudable para os maiores na Carballeira grande de Cea de Olga.

Son un total de 11 exercizos os que se están preparando neste espacio. Cada un deles contará con seu repectivo panel informativo de utilización e durante os primeiros días un fisionterapeuta informará aos seus usuarios do seu correcto funcionamento.

Estas xogos, que teñen un orzamento de 11.998,75 euros, tiveron como precursor o que existe actualmente na praza Roxa, dentro do espazo reservado a xogos infantís, donde existe tamén un mecanismo de traballo para os maiores. De feito trátase do único parque de Lugo creado para ir os avós cos netos.

Por outra parte, o Concello de Lugo abriu estes días ao público estes días dez parques infantís en distintas zonas de recreo e descanso da cidade.

Un total de 461.981 euros foron destinados á posta en marcha ou á remodelación, nalgún dos casos, das zonas de xogos en Albeiros, Castiñeiro, Illa Verde, polígono do Sagrado Corazón, Casas Sindicais, Aceña de Olga, Praza de Augas Férreas, Fonte dos Ranchos, Praza Roxa e no parque do Sagrado Corazón.

Este gran proxecto consistiu na adecuación das zonas de xogos con pavimento de seguridade, a colocación de xogos novos ou remodelados e reparados nalgún caso. En total foron colocados máis de 60 xogos.

Noticias relacionadas