Hoxe publícanse as listas definitivas das bolsas formativas do proxecto "MURALLA DIGITAL"

Xoves, 30 de agosto de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Hoxe, mércores 29 de agosto de 2012, publícanse as listas definitivas das persoas admitidas e excluídas para participar no proceso selectivo para a cobertura de 32 bolsas formativas do proxecto "MURALLA DIGITAL". As devanditas bolsas están relacionadas cos obradoiros de dixitalización que o Concello de Lugo vai desenvolver no marco do devandito proxecto, o cal está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da 2ª convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP).

As devanditas listas definitivas están expostas no Taboleiro de Editos do Concello de Lugo e tamén se poden consultar na páxina web institucional do Concello de Lugo www.lugo.es (proxecto "MURALLA DIGITAL") e na do propio proxecto www.muralladigital.eu.

Xunto ás listas definitivas tamén se publica a DATA, LUGAR e HORA de celebración da PROBA DE COÑECEMENTOS que deben realizar aquelas persoas admitidas no proceso selectivo, quedando fixado do seguinte xeito:

DATA: MARTES 4 DE SETEMBRO DE 2012.

LUGAR: SALÓN DE ACTOS DO CENTRO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN (CEI-NODUS) DO CONCELLO DE LUGO, sito na Avenida da Coruña n.º 490 (Lugo).

HORA:

10:00 H Bolsas Obradoiro de Dixitalización do Patrimonio Documental Lucense.

11:00 H Bolsas Obradoiro de Dixitalización 3D do Patrimonio Histórico-Arqueolóxico Lucense.

12:00 H
Bolsas Obradoiro de Fotografía Dixital Panorámica 360º do Patrimonio Histórico-Arqueolóxico Lucense.

13:00 H Bolsas Obradoiro de Modelado e Animación 3D do Patrimonio Histórico-Arqueolóxico Lucense.

NOTA IMPORTANTE: Recórdase que para participar na proba de coñecementos os/as aspirantes deberán ir provistos do seu DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

Noticias relacionadas