O Alcalde en Funcións explicou o funcionamento do concello, e contestou ás preguntas da mocidade
Luns, 28 de outubro de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Alcalde en funcións, Rubén Arroxo, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do concello a 37 estudantes do IES Sanxillao de 3º e 4º da ESO. Na visita, Arroxo estivo acompañado polo concelleiro de Educación, Felipe Rivas, que explicaron o funcionamento da administración e o papel da veciñanza nela.
Temas como a mobilidade ou a programación cultural da cidade foron os protagonistas das dúbidas. Arroxo manifestou a súa satisfacción por recibir esta visita no concello, e animou aos centros educativos a visitar o Concello.