Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Estudantes de 3º e 4º da ESO do IES Sanxillao coñecen o funcionamento do concello con Rubén Arroxo

Estudantes de 3º e 4º da ESO do IES Sanxillao coñecen o funcionamento do concello con Rubén Arroxo

O Alcalde en Funcións explicou o funcionamento do concello, e contestou  ás preguntas da mocidade

 
  • Tema
    • Alcaldía,
    • Educación
Luns, 28 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Estudantes de 3º e 4º da ESO do IES Sanxillao coñecen o funcionamento do concello con Rubén Arroxo

O Alcalde en funcións, Rubén Arroxo, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do concello a 37 estudantes do IES Sanxillao de 3º e 4º da ESO. Na visita, Arroxo estivo acompañado polo concelleiro de Educación, Felipe Rivas, que explicaron o funcionamento da administración e o papel da veciñanza nela.

Temas como a mobilidade ou a programación cultural da cidade foron os protagonistas das dúbidas. Arroxo manifestou a súa satisfacción por recibir esta visita no concello, e animou aos centros educativos a visitar o Concello.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/estudantes-de-3o-e-4o-da-eso-do-ies-sanxillao-conecen-o-funcionamento-do-concello-con-ruben