Luns, 04 de novembro de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa

Ana Abelleira recibía esta mañá no Concello ao alumnado dun instituto de Potenza, no sur de Italia, que estes días se atopan realizando un intercambio co estudantado do IES Virxe dos Ollos Grandes.
Durante a súa visita á Casa Consistorial, o grupo puido departir coa edil de Muller, Igualdade e Xuventude sobre as problemáticas que comparten ámbalas dúas localidades con moitos puntos en común como pode ser a preocupación mutua pola crise demográfica actual.