Daniel Piñeiro supervisa as tarefas para a eliminación de especies invasoras nunha parcela municipal en Montirón

Consistiu nunha xornada divulgativa e demostrativa que contou coa participación de medio cento de alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro

Martes, 17 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Daniel Piñeiro supervisa as tarefas para a eliminación de especies invasoras nunha parcela municipal en Montirón

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisou este martes as tarefas realizadas por un grupo de medio cento de alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro no marco dunha xornada divulgativa e demostrativa de voluntariado para a eliminación de plantas alóctonas invasoras. O Concello colabora deste xeito cun proxecto galego, impulsado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) co fin de fomentar a participación e o compromiso da cidadanía na conservación do medio ambiente e a promoción da sostibilidade ambiental.

Esta actividade tivo lugar na parcela de titularidade municipal próxima aos campos de fútbol do barrio de Montirón, onde se realizou unha actuación de eliminación de Conyza canadensis.

Noticias relacionadas