Daniel Piñeiro recolle en Madrid o premio Escoba de Ouro do Concello de Lugo

Xoves, 16 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Daniel Piñeiro recolle en Madrid o premio Escoba de Ouro do Concello de Lugo

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, recolleu este xoves en Madrid, no marco da Feira Internacional de Urbanismo e Medio Ambiente, o premio medioambiental Escoba de Ouro, outorgado neste 2016 pola Asociación Técnica para a Xestión de Residuos, Aseo Urbano e Medio Ambiente (ATEGRUS), un colectivo formado por profesionais do sector, ao Concello de Lugo en recoñecemento polo seu labor en favor da limpeza e a recollida de lixo nas mellores condicións posibles, a concienciación cidadá e as novas tecnoloxías.

“Hoxe é un día de especial satisfacción porque se ve recoñecido o importante traballo que levamos realizado no eido medioambiental, sendo conscientes en todo caso de que queda por facer e que seguiremos implantando melloras para que os espazos públicos estean cada vez máis coidados e limpos. Iso redundará na calidade de vida dos veciños e veciñas de Lugo, e tamén na imaxe da cidade de cara aos milleiros de persoas que nos visitan. Somos ambiciosos, e agora traballaremos para conseguir a Escoba de Platino”, subliñou o Concelleiro.

Noticias relacionadas