A alcaldesa participou no minuto de silencio en repulsa polo crime e en lembranza da vítima, coa que xa son 1.295 as mulleres asasinadas desde 2003 polas súas parellas ou ex parellas.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou, xunto a outros membros da Corporación lucense, no minuto de silencio convocado ante a Subdelegación do Goberno, para condenar o asasinato de Lina, de 48 anos, residente en en Benalmádena (Málaga) e de nacionalidade española, a mans do seu marido. Con este novo crime, confirmado como un asasinato machista pola Delegación do Goberno Contra a Violencia de Xénero, son xa 1.295 as mulleres asasinadas desde 2003 polas súas parellas ou ex parellas, e o segundo crime machista deste ano.
Lina era nai dun fillo de 19 anos da súa anterior parella, e doutros tres fillos e fillas menores, de 11, 9 e 7 anos do seu actual matrimonio. Cos eles, os menores orfos da violencia de xénero de 2025 ascenden a 5. Ademais, desde 2013, un total de 474 nenas e nenos quedaron orfos tralos crimes das súas nais, mentres que 62 menores foron asasinados.


