Constitúese o Pacto Territorial de Emprego de Lugo

Venres, 23 de maio de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Aderíronse á Asemblea da Asociación Impulsora do Pacto novos Concellos e a Confederación de Empresarios

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, asistiu á constitución do Pacto Territorial de Emprego de Lugo celebrado esta mañá no Salón de Actos do Centro de Empresas e Innovacións.

Nesta xuntanza explicouse o alcance do Pacto e se elixiron os órganos do mesmo, quedando configurados do seguinte xeito:

-Presidente: D. José Clemente López Orozco, Alcalde de Lugo.

-Vicepresidentes:
D.Joaquín Muñoz Ayala, Director da Oficina de Emprego de Lugo por parte da Consellería de Traballo.
D. Jaime Luis Lopez Vazquez, Vicepresidente da Confederación de Empresarios de Lugo
D. Jesús Castro Baamonde, Secretario de CC.OO. de Lugo

-Vogais: D. Claudio Melquiades Garrido Martínez, Alcalde de Sarria-
D. Argelio Fernández , Alcalde da Fonsagrada
D. José Pardo Lombao, Alcalde de Outeiro de Rei
D. José Mª López Rancaño, Alcalde de Abadín
D. José Antonio Vázquez, Alcalde de Begonte

Ao remate da sesión de constitución do Pacto, tivo lugar Asemblea da Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego, para dar entrada ás novas adhesións de Concellos que non o fixeron o día da constitución da mesma e a Confederación de Empresarios.

Órganos de participación
Dentro do Acordo de diálogo social en Galicia “Novo marco galego de relacións laborais” asinado polo Presidente da Xunta, a Confederación de Empresarios de Galicia, e as organizacións sindicais mais representativas, e en concreto no terceiro dos acordos que o conforman “Acordo sobre o novo modelo de servizo público de emprego de Galicia”, se contempla a creación dos pactos territoriais de emprego como órganos de participacións institucional e de concertación entre os seus integrantes para a xestión coordinado do conxunto dos recursos públicos que se destinan ao emprego no ámbito territorial dos mesmos.

Se crean inicialmente catro pactos entre os que se atopa o Pacto Territorial de Emprego de Lugo, e ó que pertenecen os Concellos de:
-Abadín
-Antas de Ulla
-Baleira
-Baralla
-Becerreá
-Begonte
-Castro de Rei
-Castroverde
-Cervantes
-O Corgo
-Cospeito
-A Fonsagrada
-Friol
-Xermade
-Guitiriz
-Guntín
-O Incio
-Láncara
-Lugo
-Meira
-Monterroso
-Navia de Suarna
-Negreira de Muñiz
-As Nogais
-Outeiro de Rei
-Palas de Rei
-Paradela
-O Páramo
-A Pastoriza
-Pedrafita do Cebreiro
-Pol
-Portomarín
-Ribeira de Piquín
-Samos
-Rábade
-Sarria
-Triacastela
-Vilalba

Para dar os primeiros pasos cara a posta en marcha do Pacto, considerouse que a figura xurídica máis axeitada para levarlo a cabo era unha asociación. Así, a Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego de Lugo naceu o día 20 de febrero de 2008, e asinaron a Acta fundacional da mesma os Concellos de:
-Lugo
-Guntín
-Xermade
-Begonte
-Friol
-Sarria
-Navia de Suarna
-Láncara
-Monterroso
-O Páramo
-Abadín
-Becerreá
-Pol
-Castroverde

E as organizacións sindicais:
-UXT
-Comisións Obreiras
-CIG

Noticias relacionadas