Os veciños poderán pagar agora os tributos municipais en catro entidades, Abanca, BBVA, CaixaBank e Sabadell
- Tema
Mércores, 23 de decembro de 2015
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e o director de banca de empresas do Banco Sabadell, José Francisco Rivas, asinaron este mércores no Salón de Plenos un convenio de colaboración polo que o banco Sabadell prestará servizos de cobro de tributos e prezos públicos.
Os veciños poderán pagar agora os tributos municipais en catro entidades, Abanca, BBVA, CaixaBank e Sabadell.
Á sinatura do convenio tamén asistiu o director de zona de Lugo desta entidade, Juan Varela.