Concello e Deputación promoven un torneo de baloncesto e un clinic, co Lugo é Basket

O torneo de baloncesto terá lugar o día 23 no Pazo dos Deportes ás 11: 15 horas, xogarán o anfitrión, Cafés Candelas Breogán - Montakit Fuenlabrada;  e pola tarde ás 18:00 horas, quenda feminina entre o Durán Maquinaria Ensino - Patatas Hijolusa León

Este evento serve para conmemorar os ascensos á máxima categoría destes clubs lucenses, xa que non se celebra un encontro na capital entre dous equipos de ACB desde fai 12 anos. A Deputación colabora coa AX Sagrado Corazón con 3.000 euros

Outra actividade complementaria será o Clinic que se celebrará o 15 de setembro no anexo do Pavillón, e contará coa presenza do adestrador Jota Cuspinera que explicará a súa experiencia como seleccionador da FEB e como axudante da liga ACB

Martes, 11 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e Deputación promoven un torneo de baloncesto e un clinic, co Lugo é Basket

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, o Director Deportivo do CB Breogán, Quique Fraga, o Vicepresidente do Durán Maquinaria Ensino, Enrique Alonso, o Xefe de Servizo de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero e o Presidente da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Rubén Engroba, presentaron este martes, nos Xardíns da Deputación, o V Torneo Lugo é Basket, que terá lugar o día 23 de setembro no Pazo dos Deportes. A partir das 11:15 horas, xogará o anfitrión, Cafés Candelas Breogán - Montakit Fuenlabrada; e pola tarde ás 18:00 horas, quenda feminina entre o Durán Maquinaria Ensino - Patatas Hijolusa León.

A entidade local e o organismo provincial colaboran coa Asociación Xuvenil Sagrado Corazón na organización desta cita, que serve para conmemorar os ascensos á máxima categoría destes equipos clubs, xa que é a primeira en 12 anos que se celebra un encontro na capital e entre dous equipos da ACB.

No acto, Miguel Fernández agradeceu a colaboración da Deputación nesta convocatoria, e tamén, á Asociación Xuvenil Sagrado Corazón pola súa implicación nestas actividades. “Os nosos clubs merecen esta homenaxe, pola súa extraordinaria campaña deportiva da pasada tempada, pero ademais, os nosos visitantes poderán desfrutar do baloncesto ao máximo nivel o día 23 de setembro no Pazo dos Deportes”.

Pola súa banda, Pablo Rivera remarcou que “todos os afeccionados ao baloncesto teñen unha cita obrigada durante estas xornadas para desfrutar do deporte da canastra con equipos de máximo categoría, ademais, tanto o Breogán como o Durán Maquinaria Ensino merecen esta pequena homenaxe en recoñecemento a súa traxectoria. Por iso, quero convidar a todas as persoas a que se acheguen a presenciar os encontros, como antesala do inicio da tempada”. O Deputado tamén quixo agradecer á Asociación Xuvenil Sagrado Corazón a organización desta nova cita deportiva, e remarcou que “a provincia de Lugo está vivindo un ano deportivo moi importante que pasará á historia cos éxitos dos equipos lucenses”. 

Festa do Ascenso

Tras rematar o encontro da mañá, nos exteriores do Pazo, celebrarase a Festa do Ascenso, que inclúe unha fun zone que contará con animación musical, ademais dun bar e inchables para os máis pequenos. As entradas para presenciar os encontros terán un prezo de entre 4-8 euros (para menores de 14 anos) e de 6-12 euros (adultos). Os menores de 11 anos poderán acceder ao Pazo totalmente de balde. Máis información en torneoebasket@gmail.com ou na conta de Twitter @Lugoebasket.

Programa de encontros

Domingo 23

11:15 horas. Cafés Candelas Breogán - Montakit Fuenlabrada

18:00 horas. Durán Maquinaria Ensino - Patatas Hijolusa León

O torneo poderase ver por streaming na súa totalidade nunha canle de Youtube que se habilitará para este fin. Ademais, haberá animación con speaker, estatísticas oficiais e actuacións variadas. 

XV Clinic con Jota Cusnipera

O sábado 15 de setembro, no anexo ao Pazo dos Deportes, celebrase a XV Edición do Clinic Lugo é basket, no que participará o adestrador nacional, Jota Cuspinera. Este profesional conta con gran experiencia como axudante e primeiro adestrador en liga ACB. Froito desa experiencia xorde a idea de titular o clinic: As Tarefas do Adestrador, no que explicará aos asistentes as roles dun adestrador de baloncesto: Formación, Rendemento, Análise/Scouting e Workout ou traballo individual. Todos os interesados poden anotarse en ajsc_lugo@hotmail.com.

Noticias relacionadas