Concello e Deputación apostan por humanizar e desdobrar a avenida Duquesa de Lugo

A Alcaldesa destacou que o convenio de colaboración entre ambas entidades, aprobado onte en  Xunta de Goberno do organismo provincial, servirá "para financiar unha obra imprescindible que vai beneficiar ao conxunto da provincia"

Venres, 30 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello e a Deputación de Lugo apostan por humanizar e desdobrar a avenida Duquesa de Lugo. Fano a través dun convenio de colaboración,  tal e como anunciara o pasado xoves a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, no transcurso do debate sobre o estado do municipio.

Grazas a este convenio, aprobado onte en  Xunta de Goberno do organismo provincial, levaranse a cabo obras que suporán unha mellora nesta estrada, dotándoa de máis seguridade. Froito desta colaboración, a Deputación aportará un millón de euros en tres anualidades, 500.000 este ano, 350.000 no 2017 e 150.000 no 2018.

Para a rexedora, este convenio servirá "para financiar unha obra imprescindible que vai beneficiar ao conxunto da provincia", ao tratarse dunha das arterias principais de Lugo, un punto de entrada da cidade e unha vía que une aos dos polígonos industriais do municipio, o do Ceao e o das Gándaras.

 

Audio

 

Noticias relacionadas