Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Concello e Deputación apostan por humanizar e desdobrar a avenida Duquesa de Lugo

Concello e Deputación apostan por humanizar e desdobrar a avenida Duquesa de Lugo

A Alcaldesa destacou que o convenio de colaboración entre ambas entidades, aprobado onte en  Xunta de Goberno do organismo provincial, servirá "para financiar unha obra imprescindible que vai beneficiar ao conxunto da provincia"

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Tráfico
Venres, 30 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello e a Deputación de Lugo apostan por humanizar e desdobrar a avenida Duquesa de Lugo. Fano a través dun convenio de colaboración,  tal e como anunciara o pasado xoves a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, no transcurso do debate sobre o estado do municipio.

Grazas a este convenio, aprobado onte en  Xunta de Goberno do organismo provincial, levaranse a cabo obras que suporán unha mellora nesta estrada, dotándoa de máis seguridade. Froito desta colaboración, a Deputación aportará un millón de euros en tres anualidades, 500.000 este ano, 350.000 no 2017 e 150.000 no 2018.

Para a rexedora, este convenio servirá "para financiar unha obra imprescindible que vai beneficiar ao conxunto da provincia", ao tratarse dunha das arterias principais de Lugo, un punto de entrada da cidade e unha vía que une aos dos polígonos industriais do municipio, o do Ceao e o das Gándaras.

 

Audio

  • Alcaldesa - Duquesa de Lugo | Descargar MP3 [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concello-e-deputacion-apostan-por-humanizar-e-desdobrar-avenida-duquesa-de-lugo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/301216_alcaldesa_-_duquesa_de_lugo.mp3