Concello e Deputación apoian o programa de acción social Entre Veciños, da Federación Veciñal e Obra Social La Caixa

Martes, 23 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e Deputación apoian o programa de acción social Entre Veciños, da Federación Veciñal e Obra Social La Caixa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, asistiron este martes á presentación deEntre Veciños, un programa de acción social da Obra Social da Caixa xestionado no municipio pola Federación de Asociacións de Veciños e Veciñas.

O proxecto que se desenvolveu nos últimos anos facía fincapé, principalmente, na integración dos inmigrantes e da súa inserción laboral, así como no apoio a persoas con menos recursos, a través, principalmente, da entrega de alimentos. Neste 2018, oEntre Veciños de Lugo incorpora dúas novas liñas: acompañar a persoas soas a recados ou a saídas e acompañar a persoas que se operen no HULA e que non teñen familiares que se queden con eles.

O Concello colabora con esta iniciativa co local no que se almacenan alimentos, na nave de asociacións de FRIGSA, e a Deputación, a través do programa Ben Empregado. La Caixa pon 3.500 para esta experiencia novidosa.

Lugo foi a cuarta cidade española e a primeira de Galicia na que se se puxo en marcha o programaEntre Veciños, tras Santander, Valladolid e Zaragoza.

Noticias relacionadas