Concello e ANPAS garantizan o comedor escolar este ano, así como acadar o mellor modelo de xestión para os vindeiros cursos

Dende setembro ata decembro, a entidade local manterá o programa Unha Escola Aberta e as ANPAS xestionarán o catering dos comedores públicos a través dun contrato coa empresa subministradora

Venres, 15 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e ANPAS garantizan o comedor escolar este ano, así como acadar o mellor modelo de xestión para os vindeiros cursos

Concello e ANPAS garantizan o comedor escolar este ano así como acadar o mellor modelo de xestión para os vindeiros cursos. Así o informou o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, á saída da reunión convocada polo Concello na tarde deste vernes no Salón de Comisións do consistorio lucense coas ANPAS dos colexios públicos para profundizar na xestión dos comedores escolares e actividades extraescolares para o vindeiro curso escolar.

Tal e como indicou o edil, nesta xuntanza acordouse que dende o mes de setembro ata o mes de decembro, ambos os dous incluídos, o Concello manterá o programa Unha Escola Aberta, que está en vigor ata o 31 de decembro, e as ANPAS xestionarán o catering dos comedores públicos a través dun contrato coa empresa subministradora.

Manuel Núñez lembrou que persoal técnico municipal e da Consellería traballan co obxecto de asinar un convenio para prestar o servizo dende o vindeiro 1 de xaneiro de 2017, que asumirá o Concello de Lugo. “En todo caso mantemos un proceso de negociación ata primeiros de agosto para acordar conxuntamente coas ANPAS o modelo de xestión máis axeitado ás necesidades das familias”, subliñou o Concelleiro.

Noticias relacionadas