Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Luns, 11 de agosto de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis integrais de seguridade viaria

Durante estes últimos días, efectivos da Policía Local de Lugo intensificaron os controis de seguridade viaria, tanto de alcol, drogas e velocidade, co seguinte resultado:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

  • Na Rolda dás Mercedes dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas,  arroxando un resultado POSITIVO de 0,71 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade d Xuízo Rápido.
  • Na rúa Miguel de Cervantes intercéptase un vehículo cuxo condutor arroxa un resultado POSITIVO de 0,72 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade d Xuízo Rápido.

En ambos os casos inmobilízanse os vehículos

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS

Establecéronse numerosos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, detectando os seguintes condutores positivos en control de alcoholemia:

  • Rúa Milagrosa. 0,44 mg/l
  • Rúa Armando Durán. 0,43 mg/l
  • Miguel de Cervantes. 0,30 mg/l
  • Ronda das Fontiñas. 0,34 mg/l
  • Ronda das Fontiñas. 0,30 mg/l
  • Ronda das Fontiñas. 0,31 mg/l
  • Rúa Río Neira. 0,30 mg/l
  • Rúa Villalba. 0,32 mg/l
  • Camiño Real. 0,35 mg/l
  • Rúa San Roque. 0,46 mg/l
  • Río Ser. 0,30 mg/l

Todos estes condutores foron sancionados con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

DROGAS

  • Rúa Milagrosa. POSITIVO en THC
  • Rúa Milagrosa. POSITIVO en THC
  • Ronda das Fontiñas. POSITIVO en THC e COCAÍNA
  • Camiño Real. POSITIVO en THC, COCAÍNA e METANFETAMINA
  • Rolda do Carmen. POSITIVO en COCAÍNA
  • Rolda do Carmen. POSITIVO en COCAÍNA e METANFETAMINA
  • Rúa Santiago. POSITIVO en METANFETAMINA
  • Rúa Otero Pedrayo. POSITIVO en COCAÍNA

Todos estes condutores foron sancionados con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

VELOCIDADE

Realizáronse diversos controis de velocidade, principalmente en vías do centro urbano en que se detecta un incremento do número de accidentes, co seguinte resultado:

  • VEHÍCULOS CONTROLADOS: 1343
  • CONDUTORES DENUNCIADOS: 118
  • VELOCIDADE MÁXIMA CAPTADA: 101 e 103 km/ en vía con velocidade limitada a 50 km/h

As sancións por infraccións de velocidade en vías de limitación de 50 km/h, son GRAVES e MOI GRAVES, levando aparellada as velocidades máximas captadas sanción de 600 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

USO INADECUADO DE TARXETA DE MOVILIDAD REDUCIDA

Nos devanditos controis detectouse que un vehículo achábase estacionado nunha praza reservada para persoas de mobilidade reducida sendo utilizada por unha persoa que non ten ningún tipo de discapacidade recoñecida, alegando que non tiña onde estacionar o seu vehículo.

Foi sancionado con 200 euros de multa e intervéuselle a tarxeta.

TENENCIA DE SUBSTANCIAS ESTUPEFACIENTES

Tamén no transcurso destes operativos achouse en posesión dunha persoa unha papelina de cocaína e un bote de plástico que contiña varias pedras de haxix, procedendo á súa incautación e levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá que conleva no seu grao mínimo unha sanción de 601 a 10.400 euros.

Axuda humanitaria

Unha dotación da Policía Local de Lugo é mobilizada para que se traslade a unha vivenda da zona centro da cidade xa que unha usuaria da Central de Emerxencias activara o botón de axuda e non conseguía establecer comunicación con ela.

Os axentes acoden de inmediato e tratan de contactar coa afectada podendo escoitar os requirimentos que lle facían os policías, podendo abrir a porta e manifestando que activara o botón de axuda sen querer, non escoitando as chamadas por un problema de audición, estando en bo estado e localizando os axentes a unha familiar, finalizando o servizo sen outra novidade.

Unha patrulla da Policía Local de Lugo acode a unha vivenda da zona norte da cidade xa que unha persoa de avanzada idade caeuse no interior do seu domicilio, observando os axentes como se acha no chan do baño, manifestado o seu esposo que non foi capaz de levantala, sendo os propios policías os que a incorporan, manifestando que non sufrira lesión algunha e que rexeitaba asistencia médica.

Noticias relacionadas