Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 07 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Molestias por ruído

Ás 00’05 horas do luns, os axentes do Grupo Operativo Nocturno trasladáronse a un domicilio da rúa Río Ladra, onde veciños queixábanse do volume da música procedente do mesmo. O morador manifestou que non era consciente da hora, cesando as molestias de inmediato.
 
Ás 00’36 horas do mércores acudiron a un requirimento similar na Rolda do Carmen, aínda que á súa chegada non había ningún ruído, xa que cesaran instantes antes segundo o requirente.
 
Ás 00’30 horas do martes, os axentes acudíronse nunha vivenda da rúa San Lorenzo, advertindo á moradora das molestias que causaba co volume da música, o cal cesou de inmediato ante a advertencia policial.
 
Venda ambulante sen autorización

Durante o dispositivo de vixilancia e control do mercadillo de Frigsa do martes día 4, os axentes procederon á identificación de cinco persoas, tres delas por exercer a venda ambulante sen autorización municipal ocupando vía pública e outros dous por ocupar máis espazo ou un espazo diferente ao autorizado.
 
Control de establecementos

Ás 10’45 horas do sábado, un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio que prestaba servizo preventivo pola rúa Luís Seoane, procedeu á identificación do encargado dun local de hostalería que permitía aos seus clientes saír ao exterior coas consumicións, polo que levantaron acta por unha presunta infracción á Ordenanza de Contaminación Acústica.
 
Control de botellón

Os axentes do Grupo Operativo Nocturno que formaban parte do dispositivo de vixilancia e control da concentración de mozas no Parque Rosalía de Castro, durante a noite do luns ao martes, procederon á identificación dun mozo, de 18 anos de idade, ao que denunciaron por desobediencia aos axentes da autoridade, xa que fora advertido en varias ocasións das molestias que estaba a causar para o descanso da veciñanza co uso dun altofalante de grandes dimensións, repetindo a súa actitude de forma constante, polo que os axentes levantaron acta e procederon á intervención do aparello.
 
Denuncia por executar actos de exhibición obscena

Ás 16’45 horas do martes, un indicativo de Policía de Barrio procedeu á identificación dun individuo que se atopaba no interior dun vehículo estacionado na Avd. da Coruña (inmediacións da rúa Manuel Becerra), no asento traseiro, co pantalón desabrochado e masturbándose mentres vía vídeos pornográficos no teléfono móbil, mentres un gran número de persoas transitaba á beira do coche. Os axentes levantaron acta por presunta infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá.
 
Requirimento por presunta violación de morada

Á 1’45 horas do mércores, a Sala do 092 recibe requirimento dun home que manifesta que recibiu unha chamada telefónica da súa filla informándolle de que se atopaba encerrada nunha habitación da súa casa, xa que alguén entrara na mesma. De forma inmediata trasládanse ao lugar indicativos do Grupo Operativo Nocturno, que comproban que non había ningunha persoa máis na vivenda senón que un dos compañeiros de piso deixara acendido un “walkie talkie”, o cal emitía mensaxes de “batería baixa”, o que levou á moza para pensar que había algunha persoa máis na vivenda.
 
Localización de vehículo para precinto

Os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio localizaron un vehículo sobre o que constaba orde de procura e precinto por parte da Autoridade municipal, polo que foi trasladado ao depósito municipal, onde procederon ao seu precinto ata que o titular do automóbil regularice a súa situación.
 
Auxilio a cidadáns

Durante a tarde do xoves, os axentes de Policía de Barrio auxiliaron a unha muller que se achaba na rúa Río Chamoso, presuntamente afectada pola inxesta de alcol, a cal non respondía a estímulos externos, polo que se requiriu a presenza dunha ambulancia, que procede ao seu traslado ao HULA. Os axentes tamén se puxeron en contacto co fillo da muller, a quen informou do ocorrido.
 
Máquina de cambio coas chaves postas

Ás 20’30 horas do xoves, os axentes de Policía de Barrio trasládanse a un establecemento do Polígono Industrial de As Gándaras, onde a máquina de cambio ten as chaves postas. Os axentes comproban a veracidade da información, realizando un reconto do diñeiro contido na devandita caixa e pechando a mesma, para máis tarde facer entrega das chaves á responsable do establecemento que, tras comprobar as imaxes captadas polas cámaras de seguridade, asegura que non falta ningunha cantidade.
 
Alteración do orden en establecemento

Durante a mañá do xoves, os axentes de Policía de Barrio acoden a un local de hostalería da rúa Milagrosa, onde un home, tras golpear a bicicleta do encargado do establecemento, estacionada no exterior, golpeara tamén os cristais do local, polo que o requirente saíra a chamarlle a atención, #ante o cal o home sacaría algún obxecto metálico do peto para ameazarlle, polo que pechou a porta do local de inmediato. O suxeito fuxiu do lugar pero regresou ao pouco tempo, momento no que foi identificado polos axentes, que comprobaron que xa non portaba ningunha arma encima. Indicóuselle ao requirente os pasos para seguir para formalizar denuncia.

Noticias relacionadas