Comeza o período de pagamento do Imposto sobre Actividades Económicas

Venres, 09 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá 20 de outubro comeza o período de cobro do Imposto sobre actividades económicas (IAE) que afectará a 1.494 recibos, unha cifra que supera en 80 recibos ós do ano anterior. Este imposto, con perioricidade anual, suporá para o Concello un ingreso de 1.726.200 euros. O pago poderá realizarse ata o 20 de decembro.

Por outra banda, tamén o día 20 de outubro ábrese o prazo de pagamento do recibo de suministro de auga e recollida de lixo correspondente ó terceiro trimeste do ano. Poderá facerse efectivo ata o día 20 de decembro. O número de recibos ascende a 52.970, cos que se estima recadar 3.137.236 euros.

Como sempre, todos aqueles que teñen domiciliado o pagamento, este pasarase directamente pola súa conta, mentres que todos os demais terán que facer efectivo o pagamento a través das oficinas municipais.

O Concello lembra que de non facer o pagamento en tempo voluntario, incrementarase a cuantía cun recargo e posteriormente pasaría a realizarse o cobro por recaudación executiva.

Noticias relacionadas